Conmemoracións!

 

DÍA DA PAZ 30 DE XANEIRO

Clicade na imaxe para escoitar os maravillosos audios dos nosos nenos reclamando a Paz 🕊️ en todas as accións diarias.


O ENTROIDO

Esta festa celebrase en todo Galicia e por iso queremos que coñezades moitas máis cousas sobre ela. Imos aló, nen@s!


3 DECEMBRO
DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

En Atín, tódolos días facemos un oco para falar de Educación inclusiva e hoxe animámosvos a celebrar este día tan especial. Nos fixémolo recibindo a unhas persoas mois especiais que nos fixeron ver a importancia de pensar nos demáis. Con elas desfrutamos dun momento de ocio xogando ó xadrez, ás damas, ó parchís e ó burro, picade Aquí no enlace para vernos 

O NADAL

O Nadal está a chegar, tempo de ilusión e felicidade.
A vosa PANXOLIÑA favorita non poden faltar. 
O magosto

                                                        
                                                       Canción do Magosto: O rap da castaña

SAMAÍN

O Samaín chegou e o noso cole metía medo mírade todo o que fixemos un ano máis :



CURSO 22/23
DÍA DA HISPANIDADE
El día de la hispanidad, conmemoramos el descubrimiento de América por el descubridor Cristóbal Colón. Feliz  día niños. 

CURSO 2021/2022

Os Maios de Atín 

Un ano máis celebramos os Maios no cole pouca aquí para ver o resultado. 


Semana da Prensa
Esta semana poñemos en valor a importancia que ten no noso día a día a prensa. Para saber un pouco máis sobre o que podemos atopar nun xornal e como son as partes dunha noticia picade aquí

8 de marzo Día da Muller

Chegou o día de homenaxear ás grandes mulleres da historia. Deixamosvos un enlace onde vos agarda moita información sobre estas grandes mulleres. 

Día de Rosalía

Este ano pasámolo en e aprendemos un montón da nosa poetisa universal. Picade no enlace para ver todo o que fixemos 

DÍA DA PAZ

Poderíase dicir que este é senón o mellor un dos mellores días do ano. 
Se queredes ver todo o que se fixo no cole achegádevos ao blogue da Biblio picando aquí 

O NADAL

O Nadal está a chegar, tempo de ilusión e felicidade.
A vosa PANXOLIÑA favorita non poden faltar. 

Pero o que máis gustou ós cativos, foron as manualidades de Nadal, a protada para os seus traballos de trimestre, os adornos para a árbore de Nadal pero sobre todo... a NEVE que ficemos:








3 DECEMBRO
DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE


En Atín, tódolos días facemos un oco para falar de Educación inclusiva e hoxe animámosvos a celebrar este día tan especial. Nos fixémolo recibindo a unhas persoas mois especiais que nos fixeron ver a importancia de pensar nos demáis. Con elas fíxemos esta actividade tan chula: 


Todos temos capacidades diferentes e posibilidades INFINITAS!

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O  25 de novembro de cada ano dícimos NON  a VIOLENCIA de calquer modo. Ou como dín os nenos profe hoxe é o día dos BICOS. Pois así debería ser. Para mostrarlles un pouquiño do singnificado de este día vimos o corto de Pepuka e o monstro que quixo roubarlle o sorriso
e despois traballaremos sobre él para ver o resultado do noso traballo, dentro duns días picade AQUÍ.

SAMAÍN

O Samaín chegou e o noso cole metía medo mírade todo o que fixemos:


SEMANA MATEMÁTICA

Con motivo da Semana Matemática na nosa clase estamos facendo varios talleres matemáticos. Se queredes ver un deles PICADE AQUÍ

 DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Con motivo da celabración das Letras Galegas o vindeiro 17 de Maio deixámosvos material para que coñezades un chisquiño máis a autora Xela Arias.

Pasámolo xenial coñecendo a Xela mírade 1ºA e 1ºB .Tivemos que resolver un montón de probas nas que aprendemos un montón sobre ela. Todo o cole participou, bótade unha ollada Xymcana



Aí ven o Maio!!!

Por fin, os Maios chegaron, unha das nosas festas populares máis recoñecidas onde festexamos a chegada da Primavera e a beleza da natureza. 
Se queres facer o teu maio faite con flores, follas e froitos e decorao ben bonitiño. Senón sabes como pica aquí



Día do libro, 23 de Abril
O día do libro chegou e os nen@s fixeron moitas cousiñas para conmemorado. Entre outras traer e compartir os seus contos favoritos. 


Ademais, elaboramos uns bonitos monstruiños lectores, mírade



Semana da Prensa
Esta semana poñemos en valor a importancia que ten no noso día a día a prensa. Para saber un pouco máis sobre o que podemos atopar nun xornal e como son as partes dunha noticia picade aquí

8 de marzo Día da Muller

Chegou o día de homenaxear ás grandes mulleres da historia. Deixamosvos un enlace onde vos agarda moita información sobre estas grandes mulleres. 
Ademais podedes escoitar está canción creada por un Mestre, Diego Ricon, para homenenaxear a todas ás mulleres. Grazas

Día de Rosalía

Un 24 de febreiro chegou a Galicia unha muller que rompería con moitas barreiras. Dende a súa Compostela natal ata o Padrón que a viu crecer defendeu a lingua e os dereitos de moitos e de moitas. Dende a súa morte, este día adícase a recordar a súa memoria e a súa obra. Aquí emprendemos unha andanza de actividades sinxelas recopiladas polo equipo da biblioteca. 

Pica na imaxe e mergúllate no mundo de Rosalía!







 DÍA DA CANDELORIA 




Día das Candeas ou Día da Candeloria celébrase o 2 de Febreiro.  É o tempo no que casan os paxariños.

Un pouco de historia                                        
 orixe da celebración habería que buscala nos cultos pagáns da fertilidade e dos ciclos da natureza. Sería o ritual do lume coas súas virtudes protectoras e afastadoras de desgrazas.

Xa na antiga Roma se celebraba a festa do lume e na honra da fertilidade (as Lupercais). Nela había unha procesión con candeas acendidas toda a noite. Será no ano 492 cando o Papa Xelasio I prohiba a celebración pagá das Lupercais e crea a festa da Purificación da Virxe María, na que hai unha procesión dentro da igrexa con candeas benditas.

O feito de que xa se vexan os primeiros xermolos –non anda lonxe a primavera–, fai que a data da Candeloria adquire outro simbolismo: acostuma dicirse que é o tempo no que casan os paxariños.


REFRÁNS ARREDOR DA CANDELORIA

·         Cando a Candeloria chora, medio inverno vai fóra; que chore, que deixe de chorar, mitá do inverno está por pasar.
·         Cando a Candeloria chora a mitá do inverno está fóra; se chora ou ri, o inverno está por vir, e se chora ou fai vento, inda o inverno está dentro.
·         O día da Candelaria, si chora ou venta, inverno entra. E si non venta nin chora, inverno fóra.
·         Pola Candeloira casan os paxariños e maila galiñola.
·         Pola Candeloria cásanse os paxariños e vaise a galiñola.
·         Pola Candelaria, inverno fóra; se chove ou venta, inda entra.
·         Pola Candeloria, metade do inverno fóra; e se chove e fai vento, metade fóra e metade dentro.
·         Pola Candeloria, mitá do inverno vai fóra; se chora ou venta, inda entra.
·         Pola Candeloria pon a pita vella e a nova.
·         Polo santo Antón toda galiña pon. Pola Candelaria, a boa e a mala.
·         Que a Candelaria chore ou que deixe de chorar, a metade do inverno está pasado e a metade está por pasar.
·         Se a Candelaria chora, o inverno está fóra; se ri, aínda está por vir
·         Se a Candeloria chora vai o inverno fóra; se ri, o inverno quer vir; mais cal chorar, cal rir, medio inverno está por vir.
·         Se a Candelaria empola, o inverno vai fóra.
·         Se a Candelaria chora, o inverno xa vai fóra. Se a Candelaria rí, o inverno está por vir; pero que ría e que cante hai inverno para tras e para diante.
·         Se a Candeloria vén mal o inverno está caroal.

Este ano no para celebrar a Candeloria os nenos e nevas do CEIP Atin Cela prepararon a canción "Quérote Máis"  do Sonoro Maxín


O DÍA DA PAZ




 

O 30 de xaneiro celébrase o día da PAZ, este día está adicado a conmemorar nos centros educativos unha cultura de non violencia e paz.

"Non hai camiño para a paz: a paz é o camiño".

- Mahatma Ghandi -










O NADAL

O Nadal está a chegar, tempo de ilusión e felicidade, panxoliñas e agasallos. Pero sobre todo, tempo para estar coas familias despois deste ano tan difícil. As clases de Primero quíxemos alegrar os nosos corredores. 


As panxoliñas non poden faltar. Pica para escoitar https://youtu.be/TRCJqz382-0

Pero o que máis gustou ós cativos, foron as manualidades de Nadal, que en breve vos poderemos mostrar. Picade na imaxe do noso reno e veredes !


BO NADAL FAMILIAS 

3 DECEMBRO
DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

En 1992 A Asamblea Xeral das Naciones Unidas proclamó o día 3 de decembro, Día Internacional das Persoas con Discapacidade con miras a fomentar unha maior integración na sociedade das persoas con discapacidade.

En Atín, tódolos días facemos un oco para falar de Educación inclusiva e hoxe animámosvos a celebrar este día tan especial. Para elo traballaremos esta curta: 


Todos temos capacidades diferentes e posibilidades INFINITAS!



25 NOVEMBRO
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO







20 NOVIEMBRE
DÍA INTERNACIONAL DE LOS DERECHOS DE LA INFANCIA


El Día Universal del Niño, que se celebra el 20 de noviembre, es un día dedicado a todos los niños y niñas. Es un día de celebración, pero sobre todo es un día para llamar la atención sobre los más pequeños, dar a conocer los derechos de la infancia y concienciar a las personas de la importancia de involucrarse en su bienestar y desarrollo. Naciones Unidas celebra el Día Universal del Niño el 20 de noviembre, fecha en la que la Asamblea General de la ONU aprobó la Declaración de los Derechos del Niño en 1959.





Semana da ciencia

Pica na imaxe para ver os nosos aerodeslizadores ;)


Con motivo da Semana da Ciencia deixámosvos este enlace sobre inventos de séculos pasados que cambiaron a nosa vida actual  
 
E non esquezades que como dixo o gran científico Albert Einstein:
 "La imaginación es más importante que el conocimiento. 
El conocimiento es limitado, la imaginación rodea el mundo"



O magosto

                                                        
                                                       Canción do Magosto: O rap da castaña

Aprende o recitado:

"Castañas, castañas
pódelas tomar,
nun cucurucho
para merendar.

O mes de novembro
castañas nos da,
asadas, cocidas
qué ricas están!


💀Samaín💀 

Canción do samaín:
Canción do samaín II:

Aprendede o recitado:

“Era de noite

había un castelo,

abriuse a porta

saiu un morcego.

Meteu a man

sacou un coitelo.

¡¡UNTA A NOCILLA, UNTA A NOCILLA!!”




O cambio: o outono

Ven onda nós o outono
dacabalo do aire;
Nos camiños da fraga
os ourizos xa abren.
Síntoo chegar contento
da eterna viaxe
enredando entre as follas
estreando friaxe.

                                                                        Ana Mª Fernández "Ondas de verde e azul". Xerais.

Pincha na imaxe e observa os nosos ourizos coloridos.



Semana matemática
Durante o mes de outubro celebramos a Semana Matemática e o alumnado de 1º A e B de educación primaria, construiron unhas fantásticas cidades, traballando as figuras xeométricas e introducindo, xa, o seguinte tema de ciencias sociais : A cidade.

Pica na imaxe para ver o resultado.




 



 




Comentarios